Monday 16 de September de 2024

O Concello realiza un seguimento diario da chegada de medusas ás praias da cidade


A situación a respecto do avistamento e retiradas destes animais mariños mantense dentro da normalidade nesta época do ano

O Concello da Coruña realiza un seguimento diario da chegada de medusas e outras especies mariñas en todas as praias da cidade co fin de controlar a súa presenza e evitarlle riscos á cidadanía. Os informes que se obteñen deste seguimento diario trasládanse a Protección Civil co fin de que se poidan tomar as medidas correspondentes en caso de que sexa necesario.

Ata o momento, os avistamientos de medusas e outros animais mariños nas praias da cidade mantéñense dentro da normalidade para esta época do ano. Desde o Concello recórdase aos bañistas que deben estar atentos ás indicacións dos servizos de socorrismo que, tanto por megafonía como co izado das bandeiras, alertan de calquera posible risco.

Desde a Concellaría de Medio Ambiente lémbrase aos usuarios das praias que non deben tocar os exemplares que aparecen na area e que o Concello encárgase da súa retirada. Así mesmo, en caso de picadura no mar, débese acudir de inmediato ao posto de socorrismo para ser atendidos polos profesionais que alí se atopan.